
Todos somos fans desta fantástica serie.
The Simpsons son unha das series de maior éxito nos EEUU, emitíndose en países como México pola 14º temporada. As súas simpáticas personaxes mostran estereotipos moi marcados. Neste artigo, ímonos centrar na parella principal da serie. Homer, representa ao home de mediana idade gordo, nun traballo que requere unha alta responsabilidade que el por suposto, non ten. Inspector de seguridade nunha central nuclear, pasa a maioria do tempo na tasca do seu amigo Moe, emborrachandose a golpe de cervexa Duff. Mentres, Marge, a súa fiel esposa (á cal coñeceu no instituto), é ama de casa, e encárgase de tódalas labores da casa: coidar dos fillos (Bart de 10 anos, Lisa, unha nena superdotada de 8 anos, e Maggie, un bebé que se resiste a falar), limpar toda a casa, facer a compra, preparar a comida, ocuparse de coidar ao propio Homer... En fin , todo o fai Margorie. Isto levouna moitas veces a sofrer percances de todo tipo: vivir tan estresada que ata se lle caeu o pelo (aparece neste capítulo a institutriz Shery Bobbins), ter a urxente necesidade de se tomar unhas vacacións no Rancho Relaxo, participar na obra Un tranvia chamado Desexo, a cal abriulle os ollos, e fíxolle comprobar que estaba a vivir como unha escrava.... Multitude de aventuras nos diverten dia tras dia en Antena 3... Pero... ,e a forte crítica que Matt Groening e Sam simon fan sobre a situación da muller? Na serie, a maioria das mulleres vense involucradas nunha relazón cos seus homes de "chacha", dito vulgarmente (excepto Acness, a cal mantén ao seu fillo Seymour Skinner, a raia).
The Simpsons é mais que unha série de debuxos animados. Trata de presentar e criticar á vez a situación dos Estados Unidos. A medida que transcorren os episodios, comprobamos que á evolución da sociedade estadounidense, nin tan siqueira pódeselle chamar evolución. Comentarios de Homer a Marge: "Marge xa sei o que eu podo dárche , que ninguén mais pode ofrecerte : Absoluta e total dependencia". Neste capítulo, Homer vóltase conselleiro matrimonial, e dedícase a contar os segredos mais íntimos que comparte coa súa muller. Isto enoxa a Marge, e bótao de casa. Esta frase dilla á sua muller para poder voltar con ela.
Marge- Homer non queda cervexa, pero hai limonada se queres...
Homer- Non xogues comigo muller.
Noutro capítulo, Homer lle regala a Marge unha bola para xogar aos bolos, con Homer inscrito, e, mesmo, o grosor dos buracos axustados aos seus dedos. Este tipo de detalles poden resultar cómicos, pero... , pensades vós que non acontecen de verdade? Non estou a falar en contra da serie, para nada, é das miñas favoritos. Tan só trato de explicar a crítica que os creadores realizan tamén sobre o sexismo.
0 comentarios